domingo, 23 de maio de 2021

UNIDADE DIDÁCTICA DE EDUCACIÓN VIAL 2021

 Estas tres últimas semanas levamos a cabo unha unidade didactica de Educación Vial

Visitóunos Laura, a coordinadora de Educación Vial da Xefatura Provincial de Tráfico de Lugo, e logo practicamos no noso circuíto os seus consellos.

Mirade na presentación que ben o pasamos.


luns, 17 de maio de 2021

XOGOS POPULARES POLAS LETRAS GALEGAS 2021

O 14 de maio para conmemorar o Día das Letras Galegas 2021, tod@s os alumn@s do CEP Lois Tobío, participamos nunha xornada de xogos populares galegos.

No seguinte vídeo podedes ver que ben o pasamos. 



venres, 14 de maio de 2021

XOGO DE PISTAS DE XELA ARIAS

 O 28 de abril celebramos o Día da EF na rúa cun xogo de pistas sobre Xela Arias, autora homenaxeada este ano polas Letras Galegas.

Na seguinte presentación podedes ver a actividade.