luns, 22 de xuño de 2020

BO VERÁN CHIC@S

Ola chic@s,

Hoxe é o noso primeiro día de vacacións deste atípico curso.

Nos houbera gustado poder despedirnos como todos os anos no cole, cunha festa de fin de curso, pero non puido ser.

Queremos dicirvos que en xeral estamos moi contento co voso traballo durante todos estes días confinados nas casas. O fixéchedes xenial!

Queremos agradecervos o voso esforzo e o das vosas familias en estes momentos tan difíciles para todos, que nos fixo ter que traballar dun xeito diferente. Resultounos complicado ao principio pero grazas ao voso esforzo e dedicación conseguimos que está situación fora un pouco máis doada.
Non me cansarei de dicilo:

MOITAS GRAZAS A TODOS 
(Aos nenos e as súas familias)


Desexámosvos un bo verán a todos!!!


E recordade que temos que facer algo de exercicio todos os días. 

Esta é unha boa época para
 gardar os ordenadores, tablets, consolas e aproveitar para saír coa bicicleta, patinete, patines, ir a praia, facer rutas de sendeirismo... 

E tempo de pasalo ben e disfrutar.

Vos vamos a botar moito de menos.


BO VERÁN CHIC@S


VÉMONOS EN SETEMBRO.


Unha aperta enorme para tod@s



1 comentario: